**naturalmente**: la natura di straforo
Dal 12 Aprile al 12 Maggio 2012 alla galleria Visol di Ourense si è tenuta la mostra di "foto-sculture" di Nito Contreras e Santi Barreiros "Naturalmente". Uno scultore e un fotografo avviano un progetto in cui i relativi campi d'indagine e di lavoro si dislocano per incontrarsi in una zona disciplinare e artistica liminare popolata di oggetti ibridi. A coloro che insistono a nominare la Pop Art e Andy Warhol per intercettare gli arcani della merce e del capitalismo postmoderno abbiamo sempre risposto che si trattava di un movimento superato che non dice più assolutamente niente agli autentici contemporanei. Ma andrebbe sempre aggiunta un'ulteriore osservazione quando si parla con questi intellettuali abitudinari: la Pop Art e Andy Warhol sono superati dal lento lavorìo del mare. Le merci consumate e abbandonate sulle spiagge, barattoli vuoti, bottiglie di plastica, tappi colorati (non da comportamenti incivili ma da comportamenti perfettamente allineati con la nostra civiltà), sono lentamente e segretamente trasformate in oggetti artistici infinitamente più belli e significativi di qualsiasi opera di Warhol. Nito Contreras e Santi Barreiros vanno oltre questa osservazione: il mare continua ostinatamente il suo lavoro e cristallizza quei reperti archeologici pop in materiali ormai irriconoscibili, come pietre preziose e rozze. Il luogo cui sono giunti attraversando questi due passaggi li ha condotti a uno sguardo sulla natura che ne accoglie non la potenza catastrofica ma le sue piccole e sfuggenti rivincite, anche quelle sulla storia dell'arte, una natura che prospera ovunque e di straforo.
Contreras & Barreiros, arte en converxencia
Xabier Limia de Gardón
Doce son as obras que firman xuntos Nito Contreras e Santi Barreiros na Galería Visol. Dende a escultura e fotografía, respectivamente, que se xuntan máis aló do concepto do “adosado” -lombo con lombo e separadas-, porque esta é unha aposta pola conxunción dende as artes expresivas de cada un deles, unha exposición que denominan ‘fotoesculturas’. Quere ser, no fondo, un compromiso con Galicia -a Terra-, interior e costeira. Eis a súa visión do noso espazo, que consideran vulnerable. Trátase dunha mirada atenta para un territorio indeciso, no que tentan a psicoxeografía do aire.
E queren facelo pisando verde, unha andaina que por veces poder ser de chumbo. Son estes algúns dos títulos das obras nas que a plasticidade dos efectos acadados permite falar dunha simbiose de intereses na que para conquerila ámbolos dous artistas combinan as súas voces en aras da síntese expresiva. Aínda que, por veces, unha delas prevaleza, caso de As furnas fervendo, ou Xeometría mariñeira. Noutras é a coidada iluminación, que busca a proxección das sombras nun efecto de volume, unha maneira de achegarse á vida. E no medio da sala Naturalmente, estilizada escultura - soporte con cubo cristalino que protexe e amplía a imaxe fotográfica.
Son amigos e artistas Nito e Santi. Ámbolos dous expoñen potenciando a mensaxe en converxencia natural: así as Liñas nun espazo en branco, na que Barreiros trata as bateas de mexillóns dunha ría galega como liñas nun espazo no que a mar e o ceo son un continuum, que Contreras completa e amplía con unha das súas formas icónicas.
Unha converxencia, este dende Roma, onde reside, aquel dende Entrambosrríos, para xuntar as súas esencias creativas nunha obra de fondo sincretismo evocador, de amplo espectro emocional. Co seu concepto plástico queren convencernos pola mirada con doce espazos que son doce xardíns. Fotógrafo y escultor, escultor y fotógrafo amosan do que son capaces dende a entrada con unha instalación: ‘Pollicipes cornucopia’ e menhir falando nun lameiro de Brece. Isto é, unha escultura de Nito, prateada e monumental, sobresaíndo entre a herba segada, e por tras, na parede, a gran fotografía dun percebe (xa exhibida nunha exposición precedente de Barreiros nunha Galería madrileña). O mestre Quevedo deixou escrito, dende o ser explícito dicir, “Las palabras son como monedas, que una vale por muchas / Como muchas no valen por una”. Este é un xeito de definición da amizade, o verdadeiro concepto arredor do que se fai esta proposta artística entre o escultor nado en Cartelle, Nito Contreras, e Santi Barreiros, señor da fotografía.
Inaugurada hai unhas datas nesta pequena galería da rúa Santo Domingo, que pode apuntarse con nota no elenco do ano expositivo ourensán, xurdida da boa relación dos artistas fai unha morea de anos: unha proposta artística que nos enriquece e reconforta. A arte dende a amizade, ese lume do espírito que fai que os seus camiños sexan un dende o arrecendo á verde herba acabada de segar.
tratto da La Región, 23-04-2012